Alén Nós esixe os pictogramas municipais de Redondela só en galego

Imaxen de tres pictogramas onde se observa o uso do gallego e do castelán.
photo_camera Imaxen de tres pictogramas onde se observa o uso do gallego e do castelán.

O colectivo presentará no pleno unha moción onde piden que se cumpra coa Ordenanza de Normalización Lingüística

A Asociación Cultural Alén Nós presentará no pleno de hoxe unha moción coa que solicitan ao goberno local que se corrixan todos os pictogramas instalados na actualidade nos edificios municipais por outros que cumpran a Ordenanza Municipal. Esta norma indica que “os rótulos e sinalización da casa do Concello, dos outros edificios e servizos públicos e da rede viaria municipal serán redactados en idioma galego”, pero o colectivo incide en que, dende hai tempo, “están colocados en diversos edificios municipais diferentes pictogramas con rótulos tanto en galego coma en castelán”.

Alén Nós sinala na moción que xa o 4 de maio de 2023, a Agrupación de Electores de Redondela solicitou mediante rexistro que se substituíran todos aqueles rótulos e sistemas de sinalización existentes en edificios públicos municipais que non cumpriran coa normativa vixente.

Sobre os pictogramas, o colectivo incide en que “a función comunicativa destes rótulos é principalmente a que transmite a súa imaxe, e o texto mesmo sería prescindible”, polo que engadir o texto en dous idiomas e algo “innecesario” dada a súa función visual.

Esta moción tamén conta cun informe do técnico de servizo de Normalización Lingüística do propio concello “informe con data de 21 de xaneiro de 2024” e no que se conclúe, tras unha argumentación xurídica, “que os pictogramas deben estar rotulados so en galego”.

Ademais,  na mesma moción, Alén Nós tamén solicta que se lle esixa a empresa concesionaria do tren turístico de Redondela a cumprir a Ordenanza de Normalización Lingüística, xa que a súa cartelería tamén é bilingüe, pero en castelán e en inglés. “Estamos a falar, non so dos rótulos que figuran non propio tren, se non tamén dos cartaces que exhiben nas súas paradas, tanto na  praza Santiago Apóstolo, como na Punta da praia de Cesantes”, sinala a asociación, que entende que se lle debe aplicar a ordenanza municipal na parte que refire a “servizos públicos e da rede viaria municipal”.

Te puede interesar