Verbena

Así é o cartel das Festas do Carmen de Moaña 2024

Actuación de la orquesta Panorama en las Fiestas de Coia (28)
photo_camera Público gozando dunha verbena.
A nova comisión de festas aposta por ofrecer unha programación cultural para tódolos públicos intentando abarcar diferentes xéneros musicais

As Festas do Carmen de Moaña 2024 anuncian a súa programación, que será do 12 ao 16 de xullo. Este ano hai unha nova comisión de festas, formada por xente moza con ideas frescas. A nova xestión, opta por ofrecer unha programación cultural para tódolos públicos intentando abarcar diferentes xéneros musicais.

Como indica o seu presidente Pablo Aspas, empresario do sector da industria musical e socio de dúas productoras de eventos coma Volea World e Leitmotiv Producciones, buscaban refrescar unha programación baixo o seu criterio, algo obsoleta no formato.

Venres 12: Terra Festival: Enfocado no público máis de rock, ska, punk ou indie… formato que naceu o ano pasado e que este ano se integrará na programación das Festas. Contará con Terbutalina, Lontreira, a banda local Fuss e ata Dj Vidal como peche da noite.

Sabado 13: La Edad de Oro del Pop Español, un percorrido por todas esas cancións que acompañaron a tantas xeracións ao longo destas décadas. E como peche de noite, amenizarán dous djs locales. Ata que o corpo aguante.

Domingo 14: O grupo La Conexión estará en Sesión Vermú e na verbena nocturna acompañando a Orquesta Miramar

Luns 15: Mambo Festival: Un evento con varios anos de traxectoria enfocado a un público xuvenil, con actuacións de diferentes djs nacionais e locais.

Martes 16: A Orquesta Magos despedirá esta edición das Festas do Carmen xunto ao trío Tic Tac. A banda de Música Airiños do Morrazo amenizará a programación relixiosa e a procesión na honra da Virxe do Carme.

Te puede interesar