Podcast 'Quero ser investigadora' da UVigo | María Dolores Garza Gil e Elena Martín Ortega

As investigadoras María Dolores Garza Gil e Elena Martín Ortega, no set de AtlánticoTV. // Vicente Alonso
photo_camera As investigadoras María Dolores Garza Gil e Elena Martín Ortega, no set de AtlánticoTV. // Vicente Alonso
María Dolores Garza e Elena Martín son dúas investigadoras da UVigo protagonistas do cuarto volume do catálogo 'Quero ser investigadora'

Universidade de Vigo acaba de publicar un novo volume, o cuarto xa, do catálogo 'Quero ser investigadora'. Esta publicación, financiada pola FECYT, forma parte das actividades do plan de Ciencia de Ida e Volta, o programa anual de actividades 2023/2024 da Unidade de Cultura Científica e da Innovación da UVigo.

Nesta cuarta edición, ilustrada por Laura Antelo Gómez, difúndese a historia de dez novas referentes. Elas son Inmaculada Anaya Revuelta, Marta Conde Sieira, Laura Docío Fernández, Herminia Domínguez González, Ana Belén Fernández Souto, María Dolores Garza Gil, Águeda Gutiérrez Sánchez, Elena Martín Ortega, Isabel Mociño González e Xanel Vecino Bello.

Hoxe acompáñannos dúas delas nun espazo radiofónico que nomeamos co nome deste catálogo: 'Quero ser investigadora'. Son María Dolores Garza Gil, catedrática de economía aplicada e decana da Facultade de Ciencias Económicas e Empresarias da Universidade de Vigo. A súa investigación céntrase na análise socioeconómica dos problemas relacionados coa xestión mariña no grupo de investigación Erenea (Economía dos Recursos Naturais e Ambientais), do que é a integrante fundadora e a actual coordinadora. Tamén forma parte do centro de investigación interuniversitario ECOBAS.

E tamén está con nós Elena Martín Ortega, docente e investigadora en mecánica de fluídos na Universidade de Vigo. O seu campo de traballo é a enxeñaría aeronáutica. Actualmente, forma parte do grupo de investigación Enxeñaría Química, Térmica e Medioambiental (ChETE) e é integrante do Instituto de Física e Ciencias Aeroespaciais (IFCAE) do campus de Ourense.

Te puede interesar