Miguel Rodríguez: "Por ter un problema mental non son invisibles, incluso gañan premios"

Miguel Rodríguez, en Atlántico.
photo_camera Miguel Rodríguez, en Atlántico.
"O rap ou trap non é novidoso, xa o facíamos en Galicia anos atrás e se está volvendo a poñer no mapa", di o Premio Enreguéitafe 2024 o proxecto máis diverso

Miguel Rodríguez é educador social na fundación da Santa Cruz e conseguiu o primeiro premio na oitava edición do festival Enreguéifate, cunha peza titulada "Regueifa da saúde mental”. Feita con moito agarimo e tamén con dedicación, obtivo o galardón a máis diversa do certame. 

 

 

Como comeza o proxecto da “Regueifa  da saúde mental”?

Foi moi casual. Dentro das miñas competencias como formador, temos unha materia que é o galego. Gústame o humor, e quixen facer algo máis animado, entón xurdiume a idea de facer con eles unha regueifa, porque cando era novo participei nun concurso e gustoume bastante. Mandei o vídeo sen ningunha esperanza e, cando me chamaron para dicirme que era o gañador a máis diversa, non o cría. Conteillo os rapaces e subían polas paredes de felicidade. 

Todos eles sufren unha enfermidade que empeza a estar moi presente na sociedade.

Fixemos a regueifa para visualizar a saúde mental. Foi complicado, porque era un proceso moi longo que levoume varios días: Fixemos un taller, enxeñarlle como se facía, os seus antecedentes… Logo fomos collendo o ritmo da canción, mentres eu lle marcaba o son coa guitarra e lles ensinaba como facer os versos. Trateino un pouco coma un xogo, no que eu lles daba unha frase e eles tiñan que rimala e terminala. 

Resulta importante educarlle na musicoterapia para axudar as súas doenzas?

Sempre intento facelo. É o meu fetiche dentro da docencia. Nos Maios sempre facemos algunha actuación, e facemos karaoke moitas veces. Sempre mo piden, encántalles. A música ten un compoñente súper importante na saúde mental, algo que o desfrutamos o máximo. Este premio dálle moita visibilidade, quixen facer un proxecto de inclusión. Moitas veces estas persoas, por ter un problema mental se pensa que son invisibles, pero están alí. Así o dixen ao recoller o galardón. Participan na sociedade e incluso gañan premios. 

Cal é a súa conexión coa regueifa?

Participei dela e lévame seguindo casualmente durante moitos anos. E todo de forma moi casual, porque nunca estiven integrado nese mundo. Fai uns anos atopei un libro que analizaba as regueifas, que me pareceu súper interesante, e agora na miña labor profesional quixen metela como unha vía de escape para os que sofren problemas de saúde mental. Avogo moito pola cultura galega, e non moita xente sabe que as correntes musicais actuais como o rap ou trap non son novas. Xa o tiñamos en Galicia fai moitos anos e se está volvendo a poñer no mapa con grupos como Boyanka Kostova ou Tanxugueiras.

Te puede interesar