VIGO

A percusión recupera a súa categoría con Xabier Díaz

Xabier Díaz reivindica a percusión como a orixe de tódalas músicas.
photo_camera Xabier Díaz reivindica a percusión como a orixe de tódalas músicas.

O que foi membro de Berrogüetto, presenta o seu disco en solitario “The Tambourine Man” rodeado de doce pandereteiras

Xabier Diaz  (Coruña, 1969)reivindica un posto privilexiado para a percusión no seu novo disco The Tambourine Man”, que este sábado presenta no auditorio municipal: “Sempre tiven claro que ía facer un traballo así, xa que na percusión está a orixe de todas as músicas, é un xeito de reivindicación”, sinala. O seu disco en solitario, despois da desaparición de Berrogüetto, contou coa colaboración de doce pandereteiras, Adufeiras de Salitre, que o arroparán no esceario, xunto a un violín e un acordeón nunha aposta escénica moi meditada. 
Da súa música asegura que bebe da tradición cunha lectura contemporánea: “A ninguén se lle escapa que cunha receita tan popular como o polbo a feira, os cociñeiros poden elaborar un plato do máis ‘cool’, a unión da tradición e do contemporáneo está aí; quizais polo xeito de tocar os instrumentos e como se complementan as voces delas coa miña confire un aspecto que pode sorprender aos que estén afeitos á esta música e espertar a curiosidade dos que non a coñezan”, apunta.
E un disco adicado á percusión tiña que ter un título acorde. “Tiña gaña de escapar dos nomes costumbristas, quería algo que non fora excesivamente galego, nen folclórico, polo que recurrín a canción de Bob Dylan do 1975: “Pareceume apropiado recurrir a un vello moderno como unha especie de metáfora, algo diferente”, afirma Díaz.n

Te puede interesar