Un saxofonista vigués, o único galego na orquestra xuvenil da UE

Jaime Estévez, no encontro que a orquestra está a celebrar en Bélxica.
photo_camera Jaime Estévez, no encontro que a orquestra está a celebrar en Bélxica.
Estudante de máster na Sibelius Academy de Helsinki e integrante de Lítore Quartet, atópase nun encontro musical en Bélxica

Un vigués é un dos 120 seleccionados entre os máis de 3.500 candidatos que este ano se presentaron para formar parte da European Union Youth Orchestra (Euyo), e un dos dous que tocan o saxofón. Jaime Estévez (Vigo, 2001) estuda actualmente un máster en interpretación clásica na Silberius Academy de Helsinki e forma parte do Lítore Quartet. 

Estos días participa nun dos encontros da orquestra que está a ter lugar en Bélxica, onde preparan os tres concertos en maio: en Bruges, en Palais des Beux-Arts de Charleroix e no Palacio das Artes de Bruxelas. “Para un saxofonista é unha oportunidade especial tocar cunha orquestra; pasei unhas probas, pero non é un traballo definitivo, cada ano convocan as prazas que necesitan segundo o programa que vaian tocar”, afirma Estévez, quen advirte que as agrupacións sinfónicas non teñen un posto permanente de saxo, “cando precisan un, chámano”.

 O seu, un instrumento moderno, xurdido en 1840, non está incluido no repertorio clásico, pero tampouco acostuma a estar presente nas composicións contemporáneas, xa que como exprica o instrumentista vigués, os autores respostan á demanda: “As encargas das novas obras adáptanse ás plantillas orquestrais que non teñen saxofón e son as que poñen o diñeiro”.

É o instrumento estrela de novas vertentes musicais como o jazz e a improvisación. “Escollino máis por un motivo infantil que por unha preferencia real; cando ía cos meus pais á banda para elixir que tocar sempre me chamou a atención, amais coñecíao dos debuxos animados, saía na banda sonora da ‘Pantera rosa’ e nos ‘Simpson’, Lisa tocaba o saxo; agora xa estou completamente implicado con el”.

 Jaime Estévez Moreira é o único representante galego nunha orquestras, á que aspirou a mocidade musical de 27 países, con idades comprendidas entre os 16 e os 26 anos.

Te puede interesar